Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56389

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD2001).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 13 de maio de 2021 (DOG do 28 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 3 de novembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

CD2001-C11-755-DO-TC-01

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0755 Química Física

Departamento:

D00C11 Química Física

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

DNI:

***9721**

Nome e apelidos:

Gonzalo Astray Dopazo

Código:

CD2001-C11-755-DO-TC-02

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0755 Química Física

Departamento:

D00C11 Química Física

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

DNI:

***2489**

Nome e apelidos:

Laura Estévez Guiance

Código:

CD2001-T04-555-DO-TC-01

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0555 Enxeñería Química

Departamento:

D00T04 Enxeñaría Química

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI:

***1209**

Nome e apelidos:

Emilio Rosales Villanueva