Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021450AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 2 de setembro de 2021, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2021450AE-PO incoado á persoa titular do DNI 77001968S.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 77001968S o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único del Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Pontevedra, 5 de novembro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021450AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 77001968S.

Último enderezo coñecido: rúa Pizarro, 55, planta baixa 8, 36204, Vigo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

• Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

• Artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

• Decreto 222/2020, do 22 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:

1. Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:

b) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín e Poio.

c) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar e O Porriño.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).