Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente S-C-08.20).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou o 30.10.2021 resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único antedito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-C-08.20. Ames, A Coruña.

DNI/CIF da persoa interesada: 44847176M.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.