Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56714

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Resolución da Alcaldía do 15 de outubro de 2021 aprobou a oferta de emprego público do Concello de Teo para o ano 2021, que comprende as prazas que a seguir se mencionan dotadas no orzamento da corporación e, en atención ao disposto no artigo 19 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021:

Persoal funcionario.

Escala

Praza

Grupo

Quenda

Número de postos

Administración xeral

Administrativo/a

C1

PI-funcionarización

2

Administración xeral

Técnico de arquivos e bibliotecas

C1

PI-funcionarización

1

Administración especial

Arquitecto técnico

A2

Funcionarización

1

Administración xeral

Auxiliar administrativo/a

C2

PI

1

Teo, 21 de outubro de 2021

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde