Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo de melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101 río Fontecova, Viveiro (Lugo) (expediente OH.727.690).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñería civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES112 Viveiro (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para a redacción do proxecto construtivo melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101 río Fontecova, Viveiro (Lugo). Clave do expediente OH.727.690.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 55.135,74 euros. Importe total: 66.714,25 euros.

8. Valor estimado do contrato: 55.135,74 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), descrición da metodoloxía proposta (ponderación 45 %), organización da execución dos traballos (ponderación 4 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 31 de maio de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 13.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 12.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 10 de xuño de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.

14.2. NIF: B15128838.

14.3. Enderezo: rúa Picaños, 44, baixo, 15702 Santiago de Compostela.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 609 04 60 21.

14.6. Fax: 981 57 21 23.

14.7. Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 41.000,00 euros. Importe total: 49.610,00 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», Prioridade de Investimento 5.2 «Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes», obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil», Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Operación: «Resto de medidas para a prevención do risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 3 de setembro de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 31 de maio de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 11 de xuño de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 22 de xuño de 2021.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia