Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura, por quenda libre, dunha vacante de persoal funcionario, categoría oficial albanel (oferta de emprego público de 2018).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 214, do 10 de novembro de 2021, publicáronse as bases da convocatoria para prover unha praza de oficial albanel da Administración especial, clasificación grupo C, subgrupo C2, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, por concurso-oposición.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 10 de novembro de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde