Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 204, do 26 de outubro de 2021, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover as prazas referidas a seguir:

– Unha praza de arquitecto técnico, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, grupo A, subgrupo A2, nivel 23, código de RPT 03.01.02.01, a través do proceso selectivo de oposición e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2018.

– Unha praza de auxiliar de biblioteca, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo IV, nivel 16, código de RPT 12.02.00.02, a través do proceso selectivo de oposición e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 26 de outubro de 2021

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde