Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56854

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Pleno do 6 de outubro de 2021 polo que se aproban as bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos.

O 25 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 205) a Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Pleno do 6 de outubro de 2021 polo que se aproban as bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos no Consello de Contas de Galicia.

Porén, advertidos erros relativos á configuración dos anexos en varias epígrafes, resulta necesario realizar as seguintes correccións de erros, segundo a seguir se detallan:

1. Na páxina 52061, na base sexta, punto 1, onde di: «As solicitudes axustaranse ao modelo que figura como anexo II...», debe dicir: «As solicitudes axustaranse ao modelo que figura como anexo I...».

2. Na páxina 52062, na base sexta, punto 5, letra a), onde di: «Anexo I. Certificado de grao, traballo desenvolvido, antigüidade e subgrupos.», debe dicir: «Anexo II. Certificado de grao, traballo desenvolvido, antigüidade e subgrupos.».

3. Na páxina 52062, na base sexta, punto 5, letra b), onde di: «Anexo II. Certificado de funcións para os efectos da comprobación da experiencia.», debe dicir: «Anexo III. Certificado de funcións para os efectos da comprobación da experiencia.».

4. Na páxina 52063, na base sétima, punto 1, letra a), onde di: «O grado persoal recoñecido, o traballo desenvolvido, a antigüidade (...) segundo o modelo establecido no anexo III...», debe dicir: «O grado persoal recoñecido, o traballo desenvolvido, a antigüidade (...) segundo o modelo establecido no anexo II...».

5. Na páxina 52064, na base sétima, punto 1, letra d), onde di: «A experiencia acreditarase mediante a presentación do “Certificado de tarefas” que se inclúe como anexo V...», debe dicir: «A experiencia acreditarase mediante a presentación do “Certificado de tarefas” que se inclúe como anexo III...».

Coa presente corrección achéganse os seguintes modelos: Anexo I. Solicitude de participación; Anexo II. Certificado de grao, traballo desenvolvido, antigüidade e subgrupos, e Anexo III. Certificado de funcións/tarefas para os efectos da comprobación da experiencia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file