Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de traballador/a social de Administración especial, subescala técnica, persoal funcionario de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 197, do 15 de outubro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de traballador/a social de Administración especial, subescala técnica, funcionario de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 18 de outubro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm. 114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Persoal