Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia do proxecto eléctrico denominado Reforzo LMTA ROS803 Acevedo-Cog. Val do Tamuxe, tramo ROS8030116, no concello de Tomiño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de pagamento do prezo xusto polas imposicións de servidume de paso para a execución do proxecto eléctrico denominado Reforzo LMTA ROS803 Acevedo-Cog. Val do Tamuxe, tramo ROS8030116, no concello de Tomiño, acto que se realizará nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 9 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/29-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Reforzo LMTA ROS803 Acevedo-Cog. Val do Tamuxe, tramo ROS8030116.

Concello: Tomiño.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

3

Descoñecido

16.12.2021

10.00

7

Descoñecido

16.12.2021

10.00