Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57281

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 11 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio).

A Orde do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 en centros públicos de Galicia, establece no seu artigo 13, que unha vez efectuada a selección, a comisión avaliadora elevará, a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, un informe-proposta ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira, resolta a reclamación presentada, e vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora de adxudicación dos premios fin de carreira, e por proposta do secretario xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira segundo as bases reguladoras da Orde do 11 de maio de 2021.

Terceiro. Contra esta resolución de adxudicación de premios, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, segundo o previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e contía

Modalidade de Música

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/1288973

Blanco Cordero, Pablo

CMUS Superior de Vigo

3.000 €

2021/1368199

Deckers, Goele

CMUS Superior de Vigo

3.000 €

Modalidade de Deseño

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/1400286

López López, Tania

EASD Mestre Mateo

3.000 €

2021/1469593

Permuy Fernández, Andrea

EASD Pablo Picasso

3.000 €

Modalidade de Arte Dramática

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/1286022

Rodríguez de Dios, Amparo

ESAD de Galicia

3.000 €

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/1289933

Paz Pombar, Águeda

ESCRBC de Galicia

3.000 €

ANEXO II

Listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira con base no establecido na Orde do 11 de maio de 2021

Modalidade de Música

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

2021/1303791

Vázquez Romero, Andrés

CMUS Superior da Coruña

2021/1562781

Tin, Violetta

CMUS Superior de Vigo

Modalidade de Deseño

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

2021/1534213

Freire Iglesias, Óscar

EASD Pablo Picasso

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

2021/1291501

Comesaña Bastero, Uxía

ESCRBC de Galicia