Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 7765/2021).

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados, para o seu exame e coñecemento, nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

7765/2021

27067A059032620000XZ

Polígono 59, parcela 3262, en Penaxunta, Landrove, Viveiro (Lugo)

33673444H

27067A059034750000XR

Polígono 59, parcela 3475, en Toxeiras, Landrove, Viveiro (Lugo)

En investigación

27067A059032630000XU

Polígono 59, parcela 3263, en Penaxunta, Landrove, Viveiro (Lugo)

76535991H

Viveiro, 27 de outubro de 2021

María Loureiro García
Alcaldesa