O artigo 3.3 da Orde de bases do 3 de agosto de 2021 establece que «Os importes consignados en cada convocatoria poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes».
Dado que existen dispoñibilidades de crédito derivadas de remanentes na aplicación 15.03.723C.780.0, destinado a financiar as presentes axudas, considerándose axeitado ampliar o importe do crédito inicial para os denominados proxectos non produtivos e acadar así un uso máis eficiente dos fondos públicos e un maior grao de execución orzamentaria.
Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación de crédito
1. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non produtivos, con cargo á aplicación 15.03.723C.780.0, na anualidade 2022 da convocatoria do ano 2021 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 810.000,00 €.
O novo importe total máximo, sumando o importe inicial xa publicado e a presente ampliación, é o fixado no cadro seguinte.
Partida orzamentaria |
2021 |
2022 |
Total |
15.03. 723C .770.0 |
1.300.000,00 |
1.200.000,00 |
2.500.000,00 |
15.03. 723C.780.0 |
800.000,00 |
1.340.000,00 |
2.140.000,00 |
Total |
2.100.000,00 |
2.540.000,00 |
4.640.000,00 |
Disposición derradeira única
Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021
Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Mar