Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica por ignorar o lugar da notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer, en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Manuel Ribadulla Cortegoso

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMT e CT Campo da Porta (expediente IN407A 2021/173-4)