Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e todas as traballadoras de Galicia, independentemente da súa situación laboral como activos/as, parados/as, xubilados/as ou pensionistas.

– Asinante: Paulo Carril Vázquez.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais