Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude das autorizacións administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño LAT 132 kV SET PE San Martiño-SET Larouco, sita nos concellos de Baltar e Xinzo de Limia (expediente IN408A 2021/043).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.; CIF: A32259541.

• Domicilio social: rúa Circunvalación, 17, 32350 A Rúa (Ourense).

• Denominación: LAT 132 kV SET PE San Martiño-SET Larouco.

• Situación: concellos de Baltar e Xinzo de Limia.

• Potencia para evacuar: 18 MW.

• Prazo de execución: 7 meses.

• Orzamento execución material: 1.617.006,31 €.

• Características principais recollidas no proxecto: liña eléctrica de evacuación do parque eólico San Martiño: LAT a 132 kV en simple circuíto, en configuración dúplex e disposición en triángulo, de 11.131 m de lonxitude en condutor tipo LA 280 HAWK, sobre 42 apoios metálicos de celosía, con orixe na subestación do parque eólico San Martiño (IN408A 2020/77) e fin nunha nova posición de liña na subestación de Larouco.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (5.8.2021, visado o 6.8.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (7.10.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (27.7.2021, visado o 28.7.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 17 de novembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense