Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de novembro de 2021 pola que se anuncia o inicio do procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas que se atopan en portos da Zona Sur da entidade.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da Resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 22 de novembro de 2021, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e avisos, epígrafe Alleamento de embarcacións, o inicio do procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia.

A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, a relación de embarcacións, o modelo de proposición económica e os restantes anexos que deberán cubrir os interesados poderán ser consultados e descargados a través da páxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e avisos, epígrafe Alleamento de embarcacións.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o día 24 de xaneiro de 2022.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia