Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de novembro de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Algafrés, S.L., para a ocupación de dominio público portuario, para o desenvolvemento de actividades de cultivo intensivo de macroalgas e ourizo de mar, no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-20-C-2).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a ocupación de dominio público portuario, para o desenvolvemento de actividades de cultivo intensivo de macroalgas e ourizo de mar, no dominio público portuario de Sada, de acordo co proxecto básico «Modificado de proxecto planta piloto desmontable para desenvolvemento de tecnoloxía de cultivo intensivo de macroalgas y cría de ourizo de mar», asinado en outubro de 2021 polo arquitecto Ángel Quelle Russo, colexiado número 1193.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 16 de novembro de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro