Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58537

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Rías Altas, S. Coop. Galega

ANUNCIO de transformación de cooperativa en sociedade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, de transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea de socios traballadores do Colexio Rías Altas, Sociedade Cooperativa Galega, que tivo lugar o 28 de xuño de 2021, acordou por unanimidade transformar a citada sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa nova denominación de Rías Altas Educación, Sociedad Limitada, en función do balance pechado para tal efecto o 27 de xuño de 2021, tamén aprobado pola asemblea.

Culleredo, 24 de novembro de 2021

José Ares Pastoriza
Presidente do Consello