Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases xerais e específicas e da convocatoria da praza incluída na OEP 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 43, do 5.3.2021, publicáronse as bases xerais das convocatorias das prazas incluídas na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 219, do 17.11.2021, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir unha praza de oficial administrativo, subescala administrativa, da Administración xeral (funcionario de carreira), incluída na oferta de emprego público de 2021 e a súa corrección de erros no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 223, do 23.11.2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Bergondo, 23 de novembro de 2021

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa