Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal auxiliar administrativo.

No BOP número 169, do 6 de setembro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de novembro de 2021

Ángel Manuel Mato Escalona
Alcalde