Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de oficial de oficios.

No BOP número 169, do 6 de setembro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de oficios.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de novembro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución da alcaldía do 8.7.2019)
María Teresa Deus Trasobares
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos