Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO da convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición.

Por Resolución de Alcaldía con data do 9 de novembro de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas de persoal municipal denominadas: limpador/a dependencias municipais, e chófer tractor rozadora encargado de ambiente e vías públicas, ambas en réxime laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica do Concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do Concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Punxín, 9 de novembro de 2021

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde