Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, co procedemento abreviado 290/2021 P.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, tramítase o recurso 290/2021 P (procedemento abreviado), interposto por Rocío Basanta Matos fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 2 de agosto de 2021, pola que se desestima o recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 20 de novembro de 2020, pola que se convoca o procedemento de acceso aos graos I a IV da carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro).

A recorrente solicita a anulación do punto sétimo da citada Resolución do 20 de novembro de 2020, por entender que é contrario ao ordenamento xurídico.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos