Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58922

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo de Secretaría de Dirección.

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

En desenvolvemento do dito decreto publicouse a Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Con base no exposto, esta dirección, de conformidade co Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro), e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar para a súa cobertura, polo sistema de concurso de méritos, un posto de xefe/a de grupo de Secretaría de Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos