Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourol (expediente IN407A 2021/46 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: Telecontrol Nuevo CS Rego de Toxoso.

Situación: concello de Ourol.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20211257 con data do 30 de abril de 2021.

Características técnicas principais:

• Instalación dun apoio tipo C-2000-20-B2 na LAT 20 kV centrais, entre os apoios existentes 220632 e 263929.

• LMT soterrada 20 kV centrais desde SE Magazos, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado e final no CS Rego de Toxoso (proxectado), cunha lonxitude de 35 metros en condutor RHZ1-150.

• LMT soterrada 20 kV centrais enderezo CT 1437 Borra e outros, con orixe no CS Rego de Toxoso (proxectado) e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado cunha lonxitude de 35 metros en condutor RHZ1-150.

• CS Rego de Toxoso en edificio prefabricado, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección para servizos auxiliares.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 53.903,40 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o concello de Ourol.

• Separata para Augas de Galicia.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 9 de novembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo