En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Entre Espigas, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 18 de outubro de 2021, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é o seguinte: rúa Bugallal Marchesi, núm. 22, baixo, 15008, concello da Coruña, provincia da Coruña.
A Coruña, 22 de novembro de 2021
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña