Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58894

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, regulado na Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para el año 2021 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo).

A Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo), establece no seu artigo 4 o crédito orzamentario que financia os incentivos do Programa II regulado na orde de convocatoria.

Así mesmo, establece no seu artigo 4.4 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30.2 do seu regulamento de desenvolvemento.

Así, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas iniciativas de emprego de base tecnolóxica, que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo), concretamente as reguladas no Programa II, que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021:

11.04. 322C 470.5, no código de proxecto 2016 00 317 na contía de 240.000 €.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade