Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2021.

Por Decreto da Alcaldía do 5 de novembro de 2021 resolveuse aprobar a oferta de emprego público deste concello para 2021, que comprende as prazas vacantes que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, e cumprindo as taxas de reposición a que se refire o artigo 19 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, co seguinte detalle:

Praza

Tipo de vínculo xurídico (funcionario de carreira/persoal laboral fixo)

Código RPT

Número de prazas ofertadas

Técnico de administración xeral (rama xurídica)

Funcionario de carreira

01.00.00.03

1

Oficial Policía local

Funcionario de carreira

07.01.00.06

1

Policía local

Funcionario de carreira

07.01.00.29

07.01.00.32

07.01.00.09

3

Conserxe

Persoal laboral (reservada para persoas con discapacidade)

04.02.03.02

1

Operario

Persoal laboral

04.02.01.09

1

Total

7

O que se publica, de conformidade co disposto no número 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

A execución desta oferta de emprego público deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

Ribeira, 8 de novembro de 2021

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde