Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58913

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 24 de xullo).

O tribunal nomeado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 142, do 27 de xullo), para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo) na sesión do 22 de novembro de 2021,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as reclamacións presentadas contra as preguntas do segundo exercicio e notificar o dito acordo de xeito individualizado ás persoas que presentaron a reclamación.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición cualificarase de cero (0) a vinte e cinco (25) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos. As contestacións erróneas valoraranse negativamente cunha penalización equivalente a un cuarto do valor de cada contestación correcta e as contestacións en branco non puntúan.

Para estes efectos, os criterios de corrección, valoración e superación acordados por este tribunal o 25 de outubro de 2021 e publicados no portal web do Consello de Contas de Galicia establecían que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran un mínimo de vinte (20) respostas correctas, unha vez efectuados os descontos correspondentes ás contestacións erróneas de acordo coa penalización prevista nas bases da convocatoria.

Asignarase a valoración de dez (10) puntos ás persoas aspirantes que obteñan a dita puntuación mínima. O resto das persoas que superen o segundo exercicio terán unha cualificación distribuída entre os dez (10) e os vintecinco (25) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas que non superen o exercicio.

Terceiro. De acordo coa corrección efectuada na sesión do 22 de novembro de 2021, aplicando os criterios anteriores, superaron o segundo exercicio un total de 105 aspirantes.

Cuarto. Publicar no portal web do Consello de Contas de Galicia (https://www.ccontasgalicia.es/gl/content/taboleiro-de-novas-de-procesos-selectivos) as puntuacións obtidas polas persoas que se presentaron ao segundo exercicio.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.9 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio.

Sexto. Segundo a base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas que superaron o segundo exercicio, para os efectos de estar exentas de realizar o terceiro exercicio, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para acreditaren que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude de participación no proceso selectivo, posuían o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De acordo co disposto na base III.15 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Comisión de Goberno do Consello de Contas nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021

Manuel J. Santana Suárez
Presidente do tribunal