Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento BS210A (expediente PO-50754).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación da resolución ditada pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázase a persoa citada no anexo, que actúa no procedemento en representación da persoa interesada, para proceder á notificación da resolución ditada no dito procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 26 de outubro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI da persoa que actúa en representación da persoa interesada

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-50754

35126185X

Resolución por falecemento e arquivamento (DNI 35131624K)

19.8.2021