Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/147-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825-apoios números D12 e D13.

Situación: Castroverde, concello de San Cibrao das Viñas.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución na LMT DC, a 20 kV, SCV810S e SCV825, por deterioración, dos apoios número D12, con derivación a CT 32C432, e número D13, por novos apoios de celosía metálica, e instalar novo condutor do tipo LA-110 cunha lonxitude de 264 m no cantón comprendido entre os apoios D11 e D14. A reforma ten a súa orixe no apoio número D11 da LMTA DC SCV810S (expediente IN407A 2016/103-3) e SCV825 (expediente IN407A 2016/115-3), e o remate no apoio número D14.

• Substitución do condutor na derivación ao CT 32C432, que pasa de LA-30 a LA-56, con 162 m de lonxitude, orixe no citado apoio número D12 e final no CT 32C432 existente da LMT SCV810 (expediente IN407A 2016/103-3).

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado en Ourense, o 24 de setembro de 2021, polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se pode examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 10 de novembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2021/147-3.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas .

Denominación da instalación: modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825-apoios números D12 e D13.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: Rasgada.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Sara Sanmamed Sanmamed.

Afección. Ocupación: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio número D13.

Servidume: lonxitude de voo 60 m; superficie de afección 908 m2.

Predio número en proxecto: 2.

Lugar: Rasgada.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Marina Álvarez Abraldes.

Afección. Servidume: lonxitude de voo 22 m; superficie de afección 368 m2.

Predio número en proxecto: 4.

Lugar: Río Vello.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afección. Ocupación: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio número D12-1.

Servidume: lonxitude de voo 23 m; superficie de afección 220 m2.