Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59201

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2021 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo) e o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez rematados os procesos selectivos para o ingreso,

– Pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), con corrección de erros no DOG núm. 50, do 12.3.2018 e modificado pola Orde do 13.3.2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo); e

– Pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), con corrección de erros no DOG núm. 50, do 12 de marzo e modificado pola Orde do 13.3.2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo),

e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais ou definitivos, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases das respectivas convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, coa cal deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Proceso selectivo

1

2

***7058**

Vidal Ces, David

A1 PI

2

3

***3651**

Marcos Doldán, Eva

A1 PI

3

4

***2900**

Riádigos Vilariño, Santiago

A1 PI

4

7

***6629**

Bueno Capeáns, Paulo

A1 PI

5

1

***1888**

Docampo Ramos, Carlos

A2 PI

6

2

***8121**

Arnosa Casal, Juan Cirilo

A2 PI

7

3

***4034**

Piñeiro González, Raúl

A2 PI

8

4

***6803**

Valencia Requejo, Tito

A2 PI

9

5

***0782**

Recuna Carrasco, Pablo

A2 PI

10

6

***3683**

López Soilán, Borja

A2 PI

11

7

***9780**

Boo Cepeda, Antonio

A2 PI

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Formación

1

PXA110000015770023

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

PX

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

 

2

PXA110000315770023

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

PX

Área de Infraestruturas e Seguridade

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

 

3

PXA110040532001009

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Ourense

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Ourense

A1

25

 

4

PXA110000015770096

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

PX

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

5

PXA110040327001022

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Lugo

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Lugo

A2

22

 

6

PXA110040532001012

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Ourense

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Ourense

A2

22

 

7

PXA110040636001011

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Pontevedra

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Pontevedra

A2

22

 

8

PXA110040736560013

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Pontevedra (Vigo)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Vigo

A2

22

 

9

PXA110040736560011

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Pontevedra (Vigo)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Vigo

A2

22

 

10

PXA110000215770007

Analista-programador/a

PX

Xerencia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

 

11

PXA110000215770008

Analista-programador/a

PX

Xerencia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22