Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 461/2021 fronte á Resolución do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño), e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo) polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 461/2021, fronte a Resolución do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública