Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59474

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 16 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 198, do 30 de setembro), polas que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación, para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez revisadas as alegacións e reclamacións presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo, este tribunal acorda desestimalas na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos, fixándose, en virtude dos criterios de corrección fixados por este tribunal na Resolución do 21 de setembro de 2021, que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden un mínimo de vinte e nove (29) respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes. As preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán puntuación.

Asignarase a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación, para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal