Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 25 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/0197-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícaselles no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e o restablecemento da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, Servizo de Emprego e Economía Social, a copia da sentenza, do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, ditada no procedemento 351/2019, polo accidente laboral do traballador Daniel Durán Marcelino.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (3.10.2014).

• Escritos de alegacións.

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2014/0197-4.

Acta: I362014000082509.

Empresa: Vías y Construcciones y Corsam-Corviam Construcciones, S.A. en UTE (UTE Urzáiz Soutomaior).

Enderezo: subida á Estación Vella, 35, 2º, Redondela.

Vigo, 25 de novembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra