Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de novembro de 2021 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/167/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos interesados con documento nacional de identidade números 34213948E e 34250899N para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/167/2019-RP1, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e construción auxiliar, no lugar das Penas, no termo municipal do Saviñao, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística