Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a de administración especial.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 212, do 8 de novembro de 2021, publicáronse as bases específicas que rexen a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de técnico/a pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, subgrupo A1, vacante no cadro de persoal do concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 2 de novembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto alcaldía 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente alcalde delegada de Persoal