Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de novembro de 2021, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello da Guarda de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario da Guarda para construción de pista deportiva pump-track e regularización de pista deportiva construída (expediente 13-30-21-C1).

Antonio Lomba Baz, solicita en nome e representación do Concello da Guarda, a concesión administrativa para a construción de pista deportiva pump-track e regularización de pista deportiva construída, segundo o proxecto titulado Circuíto pumptrack. Concello da Guarda redactado polo arquitecto Francisco Luiz Rey Poza en abril de 2021.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de novembro de 2021

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur