Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59728

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 22 de novembro de 2021 o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado por Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición ás persoas aspirantes que a continuación se relacionan, que de acordo ao establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

DNI

Caselas Alonso, Marta

***8235**

Iglesias Rodríguez, Silvia

***8655**

Sánchez Gómez, Pilar

***9677**

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 14 de decembro de 2021 en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal