Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59562

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de decembro de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a súa publicación completa e non parcial.

Nesta publicación figuran tamén postos a que foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación na Resolución do 23 de novembro de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de novembro de 2018 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 225, do 26 de novembro).

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de decembro de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das modificacións derivadas da aprobación do Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que a continuación se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PR.C03.00.000.15770.040

Xefatura Servizo Modernización Administración de Xustiza

Responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia: asesoramento e dependencia directa dun alto cargo

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de decembro de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CE CONCURSO ESPECÍFICO

LD LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2062 LIC./GRAO DEREITO

2071 LIC./GRAO LINGUA E LITERATURA GALEGAS

2076 LIC./GRAO LINGUA E LITERATURA MODERNAS (PORTUGUÉS)

2079 LIC./GRAO FILOLOXÍA HISPÁNICA (GALEGO-PORTUGUESA)

3001 ARQUITECTURA TÉCNICA

3019 ENXEÑARÍA TÉCNICA

4083 FP2 - ELECTRICIDADE/ELECTRÓNICA (ELECT. COMUNI.)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

028 COÑECEMENTOS INFORMÁTICOS (MÉRITO)

030 COÑECEMENTOS INGLÉS (MÉRITO)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

031 COÑECEMENTOS DE PORTUGÜÉS (MÉRITO)

032 COÑECEMENTOS FRANCÉS (MÉRITO)

033 COÑECEMENTOS GALEGO (MÉRITO)

151 COÑECEMENTOS OUTROS IDIOMAS COMUNITARIOS (MÉRITO)

161 EXPERIENCIA EN POLÍTICAS COMUNITARIAS (MÉRITO)

322 COÑECEMENTOS EN PROTECCIÓN CIVIL (MÉRITO)

323 EXPERIENCIA EN INSTALACIÓNS RADIOLÓXICAS (MÉRITO)

324 EXPERIENCIA EN RISCO QUÍMICO (MÉRITO)

325 EXPERIENCIA EN IMPLANTACIÓN DE PLANS DE EMERXENCIA (MÉRITO)

326 EXPERIENCIA EN PLANIFICACIÓN DE RISCO (MÉRITO)

359 EXPERIENCIA/FORMACIÓN EN PSICOLOXÍA FORENSE (MÉRITO)

361 FORMACIÓN EN PATOLOXÍA FORENSE (MÉRITO)

365 EXPERIENCIA OU COÑECEMENTOS EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA (MÉRITO)

366 EXPERIENCIA COMO MOZO/A AUXILIAR DE AUTOPSIAS (MÉRITO)

381 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE SEGURIDADE DO TRABALLO (MÉRITO)

382 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE HIXIENE INDUSTRIAL (MÉRITO)

383 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA

(MÉRITO)

388 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE SEGURIDADE DO TRABALLO (R.I.)

389 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE HIXIENE INDUSTRIAL (R.I.)

391 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA (R.I.)

392 NIVEL INTERMEDIO RISCOS LABORAIS (R.I.)

394 TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NAS SÚAS TRES ESPECIALIDADES: SEGURIDADE NO TRABALLO,

HIXIENE INDUSTRIAL E ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA (R.I.)

501 LIC./GRAO DEREITO (MÉRITO)

563 FORMACIÓN SUPERIOR EN DEREITO COMUNITARIO (MÉRITO)

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)

641 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.)

650 EXPERIENCIA MÍNIMA DE DOUS ANOS EN SERVIZOS OFICIAIS DE TRADUCIÓN (MÉRITO)

651 EXPERIENCIA SERVIZOS OFICIAIS DE TRADUCIÓN (MÉRITO)

832 EXPERIENCIA EN PERITO CALÍGRAFO (R.I.)

833 COÑECEMENTOS MECÁNICOS E ELECTRICIDADE DO AUTOMÓBIL (R.I.)

954 PERMISO CONDUCIR B (R.I.)

970 LCDO. EN BIBLIOTECONOMÍA (MÉRITO)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

EDA1 ESPECIAL (ESC. AUX. ARQUIVOS, BIBLIO. E MUSEOS - ESP. ARQUIVOS E BIBLIO.)

EMA ESPECIAL (ESC. ARQUITECTOS TÉCNICOS)

EMB1 ESPECIAL (ESC. AXUD. DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS - ESP. ARQUIVOS)

EME2 ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS - ESP. ENX. TÉCNICA INDUSTRIAL)

ESA ESPECIAL (ESC. ARQUITECTOS)

ESC2 ESPECIAL (ESC. CIENCIAS - ESP. QUÍMICA)

ESE3 ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS - ESP. ENX. INDUSTRIAL)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

ESX ESPECIAL (ESCALA DE EXPERTOS/AS LINGÜISTAS)

XSL XERAL (ESCALA LETRADOS)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

A12 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN LOCAL

A13 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

A14 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO

A20(3) ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PERSOAL

DOCENTE CON DESTINO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

CON CONTRATACIÓN

ECO ECONÓMICO-ORZAMENTARIA

INS INSPECCIÓN

PER PERSOAL

XUR TÉCNICO-XURÍDICA

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE

B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE

B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE

B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN

B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE