Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 60022

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Valdoviño (xestión catastral).

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do día 29 de outubro de 2021, adoptou o seguinte acordo:

30. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Valdoviño (xestión catastral).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Valdoviño en relación coa seguinte materia:

A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materias de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 11 de novembro de 2021

O presidente da Deputación Provincial da Coruña

P.D. (Resolución do 29.7.2019)

Antonio Leira Piñeiro

Deputado delegado de Economía, Facenda,
Contas, Persoal e Réxime Interior

Amparo Taboada Gil

Secretaria xeral da Deputación

Provincial da Coruña