Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 2 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, polo que se dá publicidade da composición do tribunal e da data de realización das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (DOG núm. 101, do 1 de xuño), convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. O tribunal está constituído polos seguintes membros, designados de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria.

Presidenta: Pilar Otero Moar, presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Vogal (con funcións de secretaria): María del Mar Lamas Casal.

Vogais titulares:

Rosa López Río.

David Castro Sanmartín.

Mª Rocío Mesías Díaz.

Vogais suplentes:

Catalina Martínez Leitao.

Patricia Fernández Fernández.

Natalia Lobato Mosquera.

Ángeles Lestón Mayo.

Terceiro. As probas realizaranse o sábado día 15 de xaneiro de 2022, ás 10.00 horas, no salón de actos da sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, sita na rúa Durán Loriga, nº 2, 1º, 15003 A Coruña.

Convócanse todos os aspirantes en chamamento único, no lugar e na hora indicados, sinalando que deberán ir provistos do seu documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo de tinta azul.

Durante a realización das probas non se poderá utilizar calculadora nin outro tipo de dispositivo electrónico ou móbil.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo