Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019.

En sesión que tivo lugar o 25 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 196, do 28 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.

O Tribunal, na sesión do 28 de outubro, acordou que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes que acaden un mínimo de 13 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta).

Feita a corrección o 25 de novembro, acadaron o límite mínimo:

Apto: 20 aspirantes.

Non apto: 1 aspirante.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021

Regina Martín de Vidales Delgado
Presidenta do tribunal