Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60192

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 15 de xullo de 2021 (DOG do 29 de xullo e BOE do 19 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir 100 prazas na escala auxiliar da USC, subgrupo C2. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela