Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60461

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro), convocouse o concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.

Mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 131, do 12 de xullo) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluidas, con indicación do motivo de exclusión, así como as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 13 de decembro de 2019, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos