Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de novembro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos de documentación efectuados polo persoal da Inspección de Transporte Terrestre (expediente PO-01629-S-2021 e un máis).

O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas actividades se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, mero expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercancías, os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polo seus preceptos estarán obrigadas a facilitar ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos de Inspección do Transporte Terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.

Intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os requirimentos de documentación do persoal de Inspección do Transporte Terrestre ás empresas que a seguir se citan e respecto do período que se indica.

A documentación deberá presentarse no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ante o Servizo de Mobilidade de Pontevedra.

O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, e sancionarase de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou artigo 141.4 da Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 25 de novembro de 2021

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

Empresa requirida

Documentación requirida

Período de tempo requirido

PO-01629-S-2021

36001482L

Documentación que acredite suficientemente que a mercadoría transportada no momento do control era propiedade da empresa ou que a comprara, vendera, dera ou tomara en alugamento, producira, extraera, transformara ou reparara (facturas, albarás e recibos de mercadoría) e que o transporte tiña orixe ou destino nun dos lugares en que a empresa desenvolve traballos relacionados coa súa actividade principal. En concreto solicítase factura da venta do vehículo 2123-CKY.

27.1.2021

PO-01922-O-2021

77411285R

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, acheganto factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (cargador) (factura de porte).

13.5.2021