Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 6 de novembro de 2021, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do instrumento de ordenación provisional no ámbito do polígono 32 do PERI IV-04 Calvario.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 27 de outubro de 2021, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o instrumento de medidas de ordenación no ámbito do polígono 32 do PERI IV-04 do Calvario (Vigo) como ordenación provisional, de conformidade co previsto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, tramitado no expediente 17165/411, redactado pola empresa Otima, S.L., por encargo da entidade Eduarven 14, documentación técnica presentada no rexistro desta Xerencia Municipal de Urbanismo con datas do 13 de outubro de 2021 e 14 de outubro de 2021, co COD.SOL., W611977-2388, constando como directores dos traballos o arquitecto Xabier Rivas Barros e o avogado Diego Gómez Fernández, por encargo da entidade Eduarven 2014, S.L.

Segundo. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun (1) mes.

Terceiro. Publicar a normativa e ordenanzas do instrumento de ordenación provisional no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Cuarto. Levantar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición nos ámbitos do territorio en que as novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente, nos termos previstos na lexislación vixente e de acordo co reflectido no resumo executivo incorporado ao instrumento de ordenación provisional inicialmente aprobado.

Quinto. Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Vigo, 6 de novembro de 2021

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo