Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61151

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado por Resolución do 13 de decembro de 2019.

A base oitava da Resolución do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020, establece un prazo de cinco (5) días hábiles seguintes á publicación do modelo provisional de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Se o tribunal de oficio ou con base nas reclamacións presentadas modifica a opción de resposta válida ou anula algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste último caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual ca o resto das preguntas do correspondente exercicio.

No suposto en que deba anularse un número de preguntas dun exercicio superior ao de reserva, o valor de cada resposta correcta será o que resulte de dividir a puntuación máxima acadable no respectivo exercicio entre o número de preguntas válidas que finalmente resulten.

En vista das reclamacións presentadas no prazo, este centro directivo, de conformidade coa antedita base,

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ao modelo definitivo de respostas, aprobado polo órgano de selección, correspondente a cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro).

Segundo. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición do citado proceso selectivo.

Terceiro. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco (5) días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para o efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos