Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61343

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Mantemento, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 21 de xuño).

Convocada mediante Resolución do 9 de xuño de 2021 (DOG nº 116, do 21 de xuño) a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Mantemento, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Mantemento, convocado mediante Resolución do 9 de xuño de 2020 (DOG nº 116, do 21 de xuño).

Segundo. Nomear para o posto que se indica á persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 2 de decembro de 2021

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Mantemento.

Nome e apelidos: Víctor Manuel Calvo Cheda.

DNI (*): ***6598**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.